miércoles, 25 de abril de 2012

GRABADOS AL LINÓLEO













Este año, en breve, en 3º de la ESO empezaremos a trabajar con la técnica del grabado al linóleo. Para que os inspiréis os dejo algunos ejemplos que realizaron vuestros compis el curso pasado. Este año tenemos que intentar superarlos, con la paciencia que este ejercicio requiere y sin cortarnos con las gubias... ánimo chicos!!!

sábado, 21 de abril de 2012

TOM FRANZEN



Tom Franzen é un artista orixinario de Bruxelas que utiliza as rúas como escenario do seu traballo.  Xoga na súa obra co impacto e a sorpresa, co surrealismo e cun forte sentido do humor (isto último parécelle parte fundamental na arte e lamentablemente en vías de extinción). Esta instalación atópase en Molenbeek, en Bélxica, ten outras moitas pero pareceume que esta é a que máis vos vai engaiolar.

vía

jueves, 19 de abril de 2012

FARHAD MOSHIRI







Tedes aquí a solución do enigma: a instalación do artista iraniano Farhad Moshiri está feita con centos de coitelos de cociña. 


Facendo trampas non valía, Suso!!! ;)

martes, 17 de abril de 2012

OS POST-ITS DE SHIMADA

Namentres seguides pensando que elemento se repite  na instalación anterior deixovos con estoutra que se fixo tamén cun elemento cotián e ben coñecido por todos. O artista Shimada do estudo de arquitectura Tato pensou en crear estruturas pegando Post-Its, así que os alumnos de deseño e arte da Universidade de Kyoto ofrecéronse a axudalo creando esta etérea obra que da ganas de atravesala correndo ¿non si?






vía

domingo, 15 de abril de 2012