miércoles, 28 de marzo de 2012

AS MÁQUINAS DE ESCRIBIR DE 1º DA ESO - II

Unha vez máis estou abraiada polos traballos tan orixinais que fixeron nesta avaliación, os meus queridos alumnos de primeiro da ESO. As ideas para os deseños dos bolígrafos que inventaron e crearon nun tempo récord foron das mellores dos últimos cursos. Hai algún traballo que superou todas as miñas expectativas pola súa calidade e corrección. Noraboa a todos estes pequenos artistas e seguide así!!!

(Ó resto dos alumnos de 1º dicirlles que nunca é tarde para empezar a traballar en Plástica que é unha materia máis ;) aínda que parece que non vos decatastes)

















lunes, 26 de marzo de 2012

GLENNRAY TUTOR

Hoy os traigo la obra de un artista americano nacido en el año 50 en Missouri, llamado Glennray Tutor. Está considerado como uno de los más destacados representantes del movimiento artístico llamado "Fotorrealismo". Sus pinturas, que se exponen por el mundo entero, están repletas de alegres colores brillantes y utiliza motivos nostálgicos (como los cómics, los juguetes y las canicas de las obras de este "post"). Este artista siempre pone especial atención en el detalle, haciendo metáforas o modernos bodegones con una estética muy característica, muy barroca y con aires retro.

El resultado es tan meticuloso y muestra semejante destreza con los óleos y los pinceles que me parece que os va a encantar o... ¿no?

sábado, 24 de marzo de 2012

TÉTRARC ARCHITECTS

Seguimos na marabillosa Francia. Esta vez o estudo de arquitectura Tétrarc Architects realizou estas alucinantes escaleiras para a entrada principal da escola de Artes da vila de Saint Herblain, moi preto de Nantes (como ben sabedes, a cidade de orixe de Xulio Verne).

Anda que non estaría ben entrar no insti por unhas escaleiras así de "chulibérrimas"...!!!

Mágoa de que os arquitectos que fixeron o noso non tiveran esta imaxinación desbordante e orzamento dabondo...!




sábado, 17 de marzo de 2012

PANIC ROOM


Teño que desculparme por ter o blog tanto tempo en "paro biolóxico" (coma os peixes) aínda que neste caso máis ben "tecnolóxico". Este mes ademais de ter que estar de baixa, fiquei sen portátil grazas a un pequeno karateca de case tres anos que teño na casa que lle propinou unha marabillosa patada voadora e me deixou sen pantalla e case sen alma. Non poder dispor dos meus documentos e as miñas fotos foi verdaderamente un pouco duro e traumático. Pero por sorte xa a miña vida volveu a normalidade e estou desexando amosarvos as cousas que fun atopando neste tempo...





O primeiro que vos vou ensinar é unha intalación que fixeron uns graffiteiros nunha habitación dun hotel de Marsella. Creo que vos vai flipar. Este é un deses traballos cos que soñan os mestres do spray. Ter a posibilidade de encher de debuxos a metade da habitación dun hotel de prestixio, sen ter que estar pendentes de se aparecen as forzas da orde, é unha experiencia que me fai sentir denteira, verdadeira envexa...











O proxecto para o hotel "Au vieux panier" foi encargado o graffiteiro Tilt, para que decorase á súa maneira esta habitación. O hotel ten só cinco cuartos e invita a artistas europeos de renome a transformalos de cando en vez. Nesta ocasión o resultado tan sorprendente é o que vedes nas fotos, e foi titulado igual que a peli de medo "Panic room" ou sexa, "A habitación do pánico". O artista mantivo nun branco inmaculado a metade do cuarto e encheu dun xeito ben barroco con graffiti a outra metade.


Eu non sei vós pero eu cando vaia a Marsella tratarei de durmir nalgunha das habitacións deste hotel...